domingo, 16 de agosto de 2015
Breve historia de Santa Comba ( Santa Columba)
Natural da Gallaecia romana, era filla de nobres que practicaban a relixión pagán. Ante a imposición do imperio de abandoar as prácticas pagáns fuxiu , cando só tiña 16 anos ,ata as Galias. Estableceuse en Sens, onde foi obrigada a ser bautizada. Debido ao medo a ser obrigada a abandoar os seus Deuses entregouse voluntariamente ao emperador Valeriano, quen lle ofreciu a man dun fillo a cambio de abandoar as suas crenzas Debido a que esta non aceptou o trato , foi encarceada no cabozo do anfiteatro , onde se apresaban as prostitutas. Conta a lenda que era costume violar as mulleres antes de guindalas na area do anfiteatro; pero cando os soldados intentaron forzar a rapaza, un dos osos , preso nas gaiolas do anfiteatro , fuxiu e atacou a todo aquel que intentou facerlle mal a Santa Comba.
O oso protexía a santa impedindo a entrada de ningún soldado a cela; debido a isto douse a orde de queimar a celda co oso e a muller dentro.Unha choiva milagrosa impediu que sufriran ningún dano. Unha vez foron capaces de sacala da cela , intentaron queimala na fogueira; pero , unha vez mais, unha choiva milagrosa impediuno ( mentras tanto o oso puido fuxir aos montes).
Finalmente foi interrogada, xulgada e mandarona decapitar; o suceso levouse a cabo no camiño de Meaux onde, según a lenda, un cego recuperou a vista invocando o nome da santa, o cal se ocupou de darlle sepultura ao corpo.
Etiquetas:
cristianismo,
galicia,
historia,
lendas galegas,
personaxes mitoloxicos,
Relixion,
santa comba
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario