viernes, 19 de junio de 2009

Entrevistas antes do San Xoán


Ola amigos, como o San Xoán, o misterioso día por excelencia da tradición galaica onde se dan lugar os encontros cá Santa Compaña ou as meigas realizan as súas reunións secretas; decidimos facer unha enquisa a varias persoas de diferentes idades e estilos de vida(cidade, pobo ou aldea)para comprobar que de verdade segue viva a nosa lenda.

  1. 1.Aquí mostrámosvos dúas opinións ben diferentes:
  1. Pregunta: Cres nas lendas galegas, no paranormal, e dicir, en todas as misteriosas tradicións que nos rodean que nos rodea?
  • Resposta: Si, inda que a veces si, e a veces non… porque as veces non me parece normal.
2. P: Tiveches ou coñeces algún suceso paranormal?
  • R: Si, paseino moi mal ese día, pois resulta que soñei que ía con meus pais e meu irmán pola estrada, e que tiñamos un accidente, uns días despois o soño cumpriuse.
  • R: Isto sucedeulle a miña avoa. Un día ela estaba mirando pola venta da súa casa cando o lonxe viu unha luces que se acercaban cada vez máis. Entón díxollo a súa nai e esta respondeulle que era a Santa Compaña, miña avoa non o creu e burlouse da Santa Compaña. O día seguinte un can o que lle tiña moito aprecio apareceu morto e cheo de vermes.

3. P: Que che parece todo isto?
  • R:Creo que hai algo que fora so normal que non podemos alcanzar a comprender.
2. Segunda opinión(as preguntas son as mesmas cas anteriores)
  1. P:”” “” “”
  • R:Non para nada.
2. P: “” “” “”
  • R: Non
3. P:”” “” “”
  • R: Si, teño unha coñecida que lle vai o das sicofonias e pon unha gravadora de noite e grava ruídos raros.
4. P: “” ”” ””
  • R: Xa che dixen que eu niso non creo e por iso non opino.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada