sábado, 22 de agosto de 2015

Iker Jiménez non se retira da radio


O pasado mes de Xunio , no que se supoñia que iba a ser o derradeiro programa da temporada de Milenio 3, anunciouse a fin do programa de radio dirixido por Iker, o cal levaba dende o 2001 en antena. O propio Iker decía que non era a fin da súa "aventura radiofónica" , senón que había algo dentro nos seus adentros que lle decía que tiña que cambiar, a pesar de todo o éxito obtido , e da simpatía dos milleiros de seguidores.
Esta semana estalou a bomba, radioset, a radio online da compañia Mediaset contará ca incorporación  de "Universo Iker" , o novo programa en formato podcast de Iker Jiménez, on de intentará  volver aos seus inicios como narrador de historias de misterio. O programa será emitido cada xoves, a partir das 23:30, a través da web da radio.
Na miña opinión , Iker Jiménez apostou por este formato xa que o  éxito do podcast de milenio 3 foi brutal, chegando a ser o máis descargado e escoitado do portal  Ivoox , polo tanto , non é de estrañar que o novo programa sexa tamén de culto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada