viernes, 24 de julio de 2015

O Olláparo



O monte é un lugar perigoso. Está cheo de animais salvaxes e é un lugar onde é moi fácil perderse; con moita vexetación e camiños que van dar a ningures. Ata aquí todo normal... pero o que poucos saben é que os montes de Galicia  son o fogar dun perigoso antropófago , o Olláparo.
O Olláparo ( ou olláparos , basandonos na crenza de que hai máis de un ) é un xigante mitolóxico único de Galicia e Euskadi ( coñecido neses lares como "Tartalo" ) , afecionado a cazar animais e persoas para despóis poder encher o seu bandullo.Físicamente ten un aspecto moi fero, cun único ollo no medio da cara; aínda que pode ter outro na caluga , o cal ten poderes para realizar maxias descoñecidas polo home.As femias olláparas son máis espelídas, ruíns e feras ca os olláparos.
Pouco sabemos destes seres, quizáis porque poucos foron os que sobreviviron a terense atopado a un olláparo no monte...

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada