sábado, 18 de julio de 2009

Historias de lobos (I)

http://www.hormiga.org/fondosescritorio/wallpapers/Animales/Lobos/Lobo.jpg
"...os frutales e eu din en mirar haber se taban ben ou non !bah! habia moita necesidad e podian roubar e tal e que sei eu...Cando volvin pa diante tiña diante miña mirando cara min ao lobo...!Miña irmá decatouse ao pouco de cheghar ao par de min...e salimos da casa de mi madre, furamos cear o caldo que daquela era o que se comia e se almorzaba.Ibamos polo carreiro arriba pa quitar a roupa mollada que tiñamos tendida na silveira,ibamos eu diante e miña irmá detrás de min...Daquela cheghamos a heira onde tiñamos.O lobooooo,acudidenoos,o lobooooo-berramos canto pidemos ,e saliu mi padre a acudirnos pero sorte que o lobo xa marchara,son muy condenados!..
palabras de Evangelina García Rodriguez


Esta misma historia é lonxana pero cercana a vez,ao fin e ao cabo quen non escitou algunha historia de lobos...E ti dirás: bah!! eso ahora xa non pasa ,eso era antes ahora xa non hai lobos!.Non é certo,oxe mesmo almorzando chegou aos meus oídos que un can dun veciño fora atacado por un lobo e que taba agonizando,dise que hai unha parexa deles na zona.Eu solo vin un lobo na miña vida,era eu moi cativo, pero a imaxe teñoa na cabeza gardada e o respeto que me impuxo e o abraio foi incrible,e eso que tan solo o vin dende o coche!.En fin volveremos outro dia con mais historias de lobos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario