sábado, 20 de junio de 2009

Que é unha meiga?

As meigas son mulleres adoradoras do demo e cos seus ritos poden facer maleficios.

Esta superstición obriga a unha serie de ritos moi especiais pra escorrenta-los posibles perigos: gardar unha ferradura no fogar, tra-la porta da entrada, ou levar consigo un dente de allo, unha castanha pilonga ou varios obxetos que libren do mal de ollo ou outros feitizos.

A crenza nas Meigas é un mito central do noso acervo supersticioso; elas representan pra o pobo o mal e o pecado, o perxudicial; todo-lo contrario a bondade e o ben, feito polo cal diferencianse das fadas, que significan o favorable e o adverso (dada a súa dobre condición de boas fadas e malas fadas).

O específico da identidade das Meigas é a vellez, acrecentada pola dureza, a crueldade e a vinganza, ainda que tamén as veces son boas.

Polo xeral as xentes humildes as temen ou as rexeitan, pero tamén as procuran, cando con ensalmos acoden a elas pra curar algunha dor ou pra descubri-lo porvir.

Tinhan as Meigas unha idea real, se ben fantástica, das facultades superiores das cales pensase estaban dotadas; e cando nun proceso preguntouselle a unha delas se ia polo aire montada nunha vasoira, contestou: ¡ Iso por suposto, é ben sabido!

Métodos pra protexerse das meigas

Levar no pescozo un colar de ramas de muérdago, allo ou cunchas.

Cravar sobre as portas das casas, morcegos, espolons de galo, colas de lobo, ferraduras de cabalo.

Ter na casa terra bendita dos cemiterios, sal, tesoiras abertas aos pes da cama, orin de cabalo, cordas de aforcados.

Procurar garras de fera, patas de ave de presa, pedras con furacos.

Poseer en forma de varitas, colgantes ou pectorais, anacos de azabache, ámbar e distintas pedras capaces de rechaza-los velenos e encantamentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario