sábado 5 de noviembre de 2011

De camiño a casa

http://ikerjimenez.com/blog/imagenes/viaje-en-el-tiempo-milenio3-11x04.jpg
Como cada semana descarguei o programa de radio milenio 3 e funo escoitando no Ipod de camiño a escola.Esta vez ia sobre o unico caso de abducción extraterrestre en españa, erache ben interesante porcerto.Onte ,vindo cara a aldea, comentabao con meu pai e esto foi o que el me contou:

Eu cousas desas xa as teño vistas...Home , non ata ese punto de ver xente...Pero luces si...
Pois xa cho contei, non sabes?, aquela luz que vin coa tia cando eramos pequenos...

Corría o ano 1975, a aldea de Vilamaior eche unha pequena vila situada en terras Xalleiras.O alumbrado publico non se coñece, así coma moitas das novas tecnoloxías modernas.Chucho e Preciosa son un par de irmáns, de 6 e 8 anos, que viven unha vida do mais normal.O rapaz encargase de levarlle a diario o leite ao cura, e moitas veces enrreda vendo a televisión que ten o cura.Volve de noite ,cun fachuco de palla as veces,outras guíase pola costume na oscuridade.Hoxe volviu a enrredar, pero tamén foi algo culpa da sua irmá que o acompañaba.
-TEN COIDADO!-berrou de supeto chucho.
A nena,asustada e sorprendida, pegou un brinco.
-Que pasa?!
-Case pisas a bosta!!-respondiu o rapaz.
Era un dia normal, ian algo apurados ,porque xa era tarde,pero cando chegaron a ponte da balsa viron un reflexo.Nun segundo o reflexo converteuse nunha xigantesca bola de lume que ,suspendida no aire, parouse enrriba da coñecida c omo "ponte da balsa".A casa dos nenos estaba a uns metros escasos e os nenos,aterrorizados correron sen mirar atrás.A nena berraba:
-É O DEMOOO!

domingo 13 de junio de 2010

viernes 11 de junio de 2010

Wolframio O gran Tesouro.



A 2ª Guerra Mundial tamén se viviu en Galiza ^[1]

ESPECIAL:

Hoxe proseguimos en Galiza Oculta con esta 2ª tempada, e volvemos con máis forza ca nunca e dispostos, con moitas novas historias que contarvos. Grazas.

Pequena introducción do que foi o Wolframio en Galiza: Monte Neme-Carballo

Monte Neme


Houbo un tempo en que a terra, na Costa da Morte, daba algo máis que patacas. Produtos moito máis rendibles que nada tiñan que ver coa agricultura. Na comarca proliferaron as explotacións mineiras de arxilas e minerais. As minas do monte Neme, en Carballo , son as que manteñen na memoria de moitos o vínculo industrial da comarca, pero houbo moitas máis.

A Costa da Morte é unha zona da que saíu ouro, wolframio, titanio, cuarzo, pirita e caolín. A principios do século pasado eran decenas as explotacións abertas e funcionando a pleno rendemento, sobre todo as de wolframio, un metal que xerou centos de postos de traballo e permitiu a algúns amasar grandes fortunas.

A súa explotación, curiosamente, introduciuna un médico, non un enxeñeiro. Pedro Abelenda era natural de Malpica, aínda que fincado en Carballo . Na súa mente sempre estivo o wolframio, un produto con que o que soñaba en facerse rico. Conseguiuno.

O wolframio era un elemento fundamental na fabricación de armamento. Tanques e canóns levábano aleado con outros metais na súa composición. En época de guerra, o prezo da materia prima disparábase e os produtores obtiñan importantes beneficios.

E iso foi precisamente o que lle pasou a Abelenda. A Alemaña nazi necesitaba alimentar con novas armas a súa máquina de guerra, e en Carballo e a súa contorna -tamén o había en Cuns -no Carrizal de Abaixo- e en Santa Comba atoparon boa parte de buscábano. Iso si, pagando.

Foi unha época dourada para o negocio de Abelenda, coas minas en concesión á empresa Sofindo producindo a pleno rendemento e dando traballo a veciños de Carballo , Sofán, Buño, Cances e moitos outros lugares da contorna.

Albiscando xa que a guerra decantaríase do bando dos aliados, o Goberno de Franco empezou a pór problemas á explotación de wolframio para evitarse conflitos cos futuros vencedores. Cara a 1943, nun Carballo onde se cruzaban espías de todos os bandos e onde o estraperlo do wolframio permitía mellorar os ingresos domésticos, o negocio empezou a decaer.

Con Abelenda traballaba Jacinto Amigo Leira, Chinto. Era o seu segundo, e ao cabo foi tamén quen herdou o negocio. Como Abelenda, Amigo acabou facéndose de ouro grazas ao wolframio. Non foi xa a Segunda Guerra Mundial a que enchería os seus petos, senón a guerra de Corea.

No monte Neme a actividade non paraban as escavacións, repartidas en centos de hectáreas, contábanse por ducias. Cada hoyo co seu nome. A Galaica, a Reconquista, Lolita, Carlos Milagros , Pilar ... Son algún dos

nomes de minas que ocupaban desde 160 hectáreas a mái

s grande a só unas cantas nas máis pequenas.

A Amigo foille ben o negocio. Chegou a ser alcalde de Carballo e o que Franco se refería a el como «Chinto o do wolframio».

Abelenda iniciou o negocio pedindo permisos en 1917, e a mediados de século seguía funcionando ben. Cambiaría de novo a empresa de mans e acabaría nas da familia Ferreiro, nunha terceira etapa que se prolongaría, cunha lenta decadencia, ata mediados dos 80, cando as minas do monte Neme deixaron de ser produtivas.

As instalacións pecharon e quedan hoxe algúns restos, poucos, despois de que a Xunta, hai anos, esixise a demolición de túneles e o tapado de ocos para previr accidentes. Falta un centro de interpretación que saque

do esquecemento aquela época, pero por agora non parece que vaia a

diante.




viernes 4 de junio de 2010

Volvemos!


So pretendiamos pasar o tempo, e mira ti onde chegamos! as 1000 visitas!.Debemosvos moitas historias porque esto leva varios meses abandoado da man de Deus...Agardade que xa estamos recopilando mais historias,grazas a todos!